lunes, 25 de marzo de 2024

EXPOSICIÓNS SOBRE ANIMAIS

Rematadas as exposicións dos traballos que fixemos neste trimestre, so quedaba colgar as fotos dos que faltaban. 

Todos eles estiveron moi motivados  e o orgullosos o ensinar e explicar o que aprenderan ... 


martes, 27 de febrero de 2024

UNS VELLIÑOS

 Aquí tedes unha foto dus velliños moi especiais...

ANIVERSARIO NOA

Esta semana tocoulle a Noa cumprir anos. Estaba impaciente porque chegara o seu día.

Chegou cargada cun pastel e cuns "mufis" que fixera ela coa súa nai. Foron todo un éxito, comeron, e aínda sobrou para poder invitar o seu irmán e a algúns nenos doutra clases.

sábado, 3 de febrero de 2024

SEMENTANDO

Ultimamente na aula hai algúns nenos que se interesan por plantar. Así comezaron a limpar un bancal que temos no cole, deixarono sen unha herba.  A continuación comezaron a plantar pauciños e margaridas, coidanas e quitanlle as herbas malas.

Así que está semana decidimos que tiñamos que poñernos a traballar, e decidimos sementar algo no bancal. Sachamos un anaquiño, botamos terra limpa e botamos unhas zanorias, uhas cebolas, uns fisalis... 

Agora toca regar de cando en vez e ver se conseguimos a nosa primeira colleita...



MAMÍFEROS E AVES

Comezamos coas exposicións dos traballos que están facendo. Estos días tocóulle aos mamíferos e as aves.

Aí os tedes ensinando o que fixeron, pero tiñasdes que ver o orgullosos que se sentían de ensinar e explicar o que aprenderan ... tiñan tanto que dicir que os peixes quedaron para o luns.



ANIVERSARIO

Esta semana tocoulle a Diego cumplir anos. Veu todo contento para invitar os compañeiros, que lle cantaron o cumpleanos feliz e disfrutaron co seu pastel de galletas e chocolate, todo un éxito.

sábado, 27 de enero de 2024

NOVOS ANIVERSARIOS

Aquí imos xuntar a dúas nenas, unha fixo o seu aniversario a finais do ano 2023, foi a última en cumplir,  e o seu lado a unha das primeiras nenas que cumple neste 2024. 

As dúas querían ver as súas fotos no blog e pareceume unha  boa idea que o fixesen xuntas. Espero que lles guste. 


jueves, 21 de diciembre de 2023

XOGANDO NO NADAL

Aí vos quedan unhas fotos de todas as actividades que fixemos ao longo desta semana da Nadal´

Desexovos un BO NADAL e un estupendo Ano Novo.

sábado, 16 de diciembre de 2023

ANIVERSARIO DE FRAN

Este mes estamos celebrando o aniversario dos mais pequenos da aula. Agora tocoulle a Fran. Estaba moi contento por cumplir un ano mais. Trouxonos uns biscoitos e unhas galletas, que tiveron moito éxito.

Aí vos queda a foto do evento.

sábado, 4 de noviembre de 2023

VISITA AO CENTRO DE DÍA

A semana pasada, a víspera do Samaín, fomos de visita ao Centro de Día, compartir un ratiño cos avós. Con eles fixemos galletas de manteiga, divertímonos e cantámoslle unha canción propia destas datas.

Saímos acompañados por Protección Civil, que nos axudou no camiño e a cruzar a carretera. Todo saiu de maravilla, e ata o tempo nos acompañou.

Foi unha actividade do mais enriquecedora e positiva, para eles e para os avós cos que compartimos a nosa alegría e o noso rebulir...

Como remate da actividade nos regalaron un pequeno agasallo que eles fixeran para nós.

martes, 17 de octubre de 2023

SAMAÍN LIBRE DE MEDOS

Onte tivemos na escola unha charla sobre "Un Samaín libre de medos". Nos explicaron como debemos mercar o noso disfrace e a nosa carauta para que sexan seguras, e evitémos un susto.

Estiveron moi atentos, e rematamos facendo a nosa carauta de cabaza, coas etiquetas que teñen que levar para que sexan seguras para nós.


ANIVERSARIO DE THIAGO

Onte celebramos o aniversario de Thiago. Estaba moi contento por cumplir un ano mais. Trouxonos un biscoito, que tivo moito éxito, non deixaron nin unha migalla.
Aí vos queda a foto do evento.

lunes, 25 de septiembre de 2023

OUTONO

A semana pasada tamén comezou o OUTONO, nos puxémonos man a obra, e xunto cos nenos de 1º e de 3º confeccionamos un mural colectivo.

Hai vos quedan unhas fotos do traballo e do resultado.


ANIVERSARIO DE RUBÉN

 A semana pasada Rubén convidounos polo seu aniversario. 

El foi o primeiro deste curso, estaba moi feliz por ser o primeiro e por ser o protagonista do día.

Tróuxonos unha empanada de mazán que tivo moito éxito.

Aí vos queda a foto do evento.

domingo, 10 de septiembre de 2023